Volve o programa As Noites a Foz o día 19 para os máis novos con actividades deportivas

A rapazada poderá gozar de fútbol praia, wipeout, volei praia, baloncesto, fútbol sala e kickboxing.

A Rapadoira, en Foz. CONCELLO DE FOZ/XESÚS DO BREOGÁN

As Noites é un programa que ofrece unha alternativa ás saídas nocturnas de botellón, fomentando actividades de desenvolvemento social, así como o deporte e os hábitos de vida saudables.

O martes 19 de xullo, a partir das 22h, comezamos con fútbol praia, na Rapadoira para rapaces e rapazas de 10 anos en adiante.

As persoas interesadas en participar tan só deben inscribirse o primeiro día antes de cada actividade. Aquelas que sexan menores de 18 anos necesitarán autorización asinada. As ubicacións das actividades serán as habituais: A Rapadoira e o Campo da Cabana.

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, amosa a súa ledicia por realizar de novo As Noites, posto que os veráns anteriores cando íamos a dar comezo, as medidas sanitarias impediron poder levalas a cabo.

Así tamén, anima a toda a mocidade a gozar de forma saudable das Noites, como viña sendo habitual, cun gran ambiente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here